Outono. Por @DulceCorcu

por Dulce Corcu

A mellor estación do ano en Galicia, despois deses veráns masivos que cada vez vivimos máis a miúdo, con turistas aborrecidos de temperaturas cas que o único que se pode facer é agardar que chegue a noite e, con ela, algo de fresca para respirar e saír ás rúas. Nun lugar tan emblemático e visitado como a Praia das Catedrais en Ribadeo, a marabilla da paisaxe desfrútase en todo o seu esplendor, baleira e co ceo a piques de fundirse coa area, ofrece unha imaxe paradisiaca que convida a percorrela sen présa e só con algúns poucos elixidos por compaña, como facían esta mesma mañá os outrora míticos xogadores do Compostela Juan Cabrejo e Nacho. 

Unha riqueza que coidar e facer nosa nesta época que nos procura intimidade, na que os únicos sons proveñen da propia Natureza e a única preocupación que nos asalta é non poder ollar máis lonxe dese infinito inabarcable que se ofrece ante nós. Outono galego coa mesma calidade de quen como Cabrejo e Nacho son carta de presentación de todo canto habita aquí. Que seguen a facer país e, sobre todo, a presumir de galegos. 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario