Podemos Arteixo denuncia no concello os problemas do SAF

por 21 Noticias


Logo de falar con usuarios/as do servizo, veciños/as e traballadores/as e escoitar á corporación local expresarse no derradeiro pleno municipal sobre este tema, dada a ineptitude nas explicacións ó respecto, fixemos un escrito ó concello denunciando a situación.

Dende podemos Arteixo queremos expor:

Logo de ver o pleno municipal do mes de setembro do ano 2024 e tendo en conta todo o acontecido no mesmo, vémonos na obriga de expoñer as seguintes cuestións:

1.     Parécenos de extrema urxencia que se rebaixe o tono nas intervencións, non é de recibo que nun pleno municipal existan faltas de respeto e educación por parte de ninguén, sexa do partido que sexa e teña a ideoloxía que teña. Todo o que acontece nos plenos chega ós/ás veciños/as, e éstos non teñen por qué aturar esos comportamentos, merecen un respecto.

2.     Facendo referencia á información exposta pola concelleira Inés Ramos, parécenos de suma importancia que expoña de forma pública os seguintes documentos:

  • informe técnico do que dispón o concello sobre o estudo da municipalización do servizo de axuda no fogar de Arteixo e quen o realiza.
  • informe sobre a suposta mellora do servizo logo da separación en lotes do servizo de axuda no fogar (zona norte e zona sur) e quen o realiza.
  • información impresa sobre os correos e as mensaxes que as traballadoras do lote norte enviaron ós usuarios/as para «manipular» o servizo.
  • presentación de informe con datos sobre cantos/as traballadores/as do SAF de ámbolos lotes están en situación de incapacidade temporal.
  • presentación de informe onde se expoña o tempo de agarda polo servizo de axuda no fogar dende a solicitude do/a usuario/a ata a súa prestación, tanto nos servizos municipais como nos de dependencia.

2.1.  Existiron recortes en tempo de prestación dos servizos este verán do 2024 porque así nos consta, información que nos chega a través dos/as veciños/as, usuarios/as do servizo, podedes demostrar que isto non ocorreu?

2.2.   Parece que o concello ten información que o resto dos partidos descoñece, ¿a que se debe o número de baixas por incapacidade temporal do lote norte? ¿por que se fala dunha folga encuberta?

Logo das preguntas e de varias reunións con usuarios/as, traballadores/as do SAF (do concello de Arteixo e doutros), gustaríanos aportar algunha idea construtiva que baixo a noso punto de vista podería aportar algún beneficio ó servizo de axuda no fogar:

1.     Os/as traballadores/as quéixanse das condicións laborais que teñen, tanto pola non actualización do seu convenio colectivo como pola sobrecarga laboral existente derivada da falta de persoal para traballar, que se traduce en horas de traballo a maiores das pactadas nos seus contratos para poder así cubrir as necesidades do servizo, xerando máis esgotamento (tanto físico como psicolóxico) no persoal do que xa de por sí xenera de forma habitual. Partindo desta base, puxémonos mans á obra e comezamos a reunir información sobre o funcionamento do servizo noutros concellos de Galicia e vimos dous casos que se poderían estudar de cerca e tomar boa nota deles:

1.1.  Tal e como levamos no noso programa, nós apostamos pola municipalización do servizo de axuda no fogar e se apostamos pola mesma é porque hai concellos de referencia neste sentido, falamos do concello de lobios, en Ourense, por exemplo, que decidiu municipalizar o servizo e non lle vai nada mal, non era mala idea coller apuntes del puesto que tamén e do mEsmo partido político.

1.2.  No caso de que se rexeitase a posibilidade da municipalización, si se podería pensar na mellora das condicións laborais dos/as traballadores/as do SAF coa axuda (en primeira instancia) do concello. Neste caso poderiamos seguir os pasos dados no concello de oleiros, concello que polo que sabemos presta un servizo de mellor calidade e a pesar de ter algunhas dificultades propias do servizo, os/as traballadores/as do SAF están máis contentos/as co seu traballo e a explicación é a seguinte: a súa xornada laboral completa é de 37,5 horas semanais (en Arteixo é de 39); dispoñen de 5 días de asuntos propios (en Arteixo dispoñen de 4); cobran a quilometraxe a 0,26 céntimos o km (en Arteixo a 0,22); comezan a cobrar a quilometraxe dende a oficina do SAF e rematan na mesma (en Arteixo cobran dende o primeiro domicilio ata o último); dispoñen de dous festivos especiais máis ó ano (en Arteixo son 2,o día 25 de decembro e o1 de xaneiro). Outra problemática existente no servizo é a contratación de persoal non só por falta de persoal que dispoña de formación específica, senón tamén de persoal que dispoña de vehículo propio, xa que en concellos como na Coruña isto non xera problemas porque os domicilios están zonificados e o transporte urbano facilita o desprazamento rápido entre zonas, pero no rural como é o caso de Arteixo precísase vehículo propio para desprazarse entre parroquias como Meicende e Uxes ou Arteixo centro e Sorrizo por exemplo. Neste caso temos o exemplo doutros concellos que a maiores teñen a disposición dos/as traballadores/as deste servizo coches de renting, que facilita moito as coberturas por falta de persoal que por causas alleas quedan sin vehículo de forma puntual ou mesmo facilita a contratación de persoal que non dispón de vehículo propio.

Tras esta introdución dicimos que en primeira instancia o desembolso económico tería que saír das arcas do concello, pero de segundas poderíanse poñer estas melloras nas condicións laborais no prego técnico do concello, polo que estas condicións terían que ser asumidas polas empresas que quixeran optar á prestación deste servizo, as arcas do concello non se verían afectadas e os/as traballadores/as continuarían coas melloras nas condicións laborais, garantindo así unha boa calidade do servizo e por ende repercutindo de forma positiva na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario