Katy Varela: “Tomé está a boicotear o arranxo da LU-617 ao negarse a responder aos escritos da empresa que ten que realizar a obra”

por 21 Noticias

Katy Varela afirma que «moito nos tememos» que se trata «dunha artimaña de Tomé para tentar deixar en evidencia á Xunta» xa que «non ten ningún sentido que dende o Concello de Monforte se obstaculicen estes traballos».

  A voceira popular sinala que dende a empresa adxudicataria dos traballos de mellora desta estrada se cumpriu con todos os trámites esixidos dende o Concello de Monforte: «Hai máis dun mes que se presentou todo o que lle esixiron á empresa e dende o goberno de Tomé negan a resposta»

·          Katy Varela «non entende esta situación xa que ata o mesmo Tomé defendía e reclamaba esta actuación» polo que non vindeiro pleno os concelleiros populares realizarán preguntas para coñecer os motivos deste bloqueo e para esixir ao alcalde que desbloquee as obras

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario