O BNG esixe a Puente aceptar a reunión solicitada pola Plataforma de Vítimas do Alvia

por Redacción Galicia

Néstor Rego reclama ao Ministerio de Transportes «escoitar a demanda da Plataforma» para levar a cabo «unha investigación técnica independente sobre o sinistro do Alvia» tal e como está a solicitar a Unión Europea.

Tal e como fixeron as anteriores persoas responsábeis da carteira de Transportes, o Ministro debe acceder a esta reunión e escoitar as demandas da Plataforma, sinala.

«As vítimas merecen ser escoitadas e atendidas adecuadamente, independentemente das posturas e criterios que defendan e de que estes difiran do Ministerio. É de xustiza» afirma Rego.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario