Unha única gala en Lugo do Galicia Ilusiona, organizada pola Xunta, tivo un custo próximo aos 85.000 euros.
Maite Ferreiro fixo unha exposición dos feitos. «O PP, na súa labor de oposición, debería estar máis preocupado polos preto de 80.000 euros que costou unha única gala de maxía promovida pola Xunta de Galicia que polos 48.000 que investiu o Concello de Lugo en 16 actividades de maxia. Entre esas 16 actividades estaban: esposicións, conferencias, maxía na rúa, obradoiros, actividades no HULA e 4 galas (entre elas 1 internacional.
O ciclo Galicia Ilusiona, patrocinado pola Xunta de Galicia, supuxo un gasto 402.930 euros (para as 7 cidades galegas) e o importe das entradas foi destinado á organización do evento. O promotor do evento puido recadar en Lugo 26.560 euros de entradas e a parte proporcional dos 402.930 euros (402930 / 7 = 57.561 euros) o que daría unha cantidade de 84.121 euros.