Besteiro, sobre a comisión de investigación polos contratos da Xunta: «O PSdeG vai chegar ata as últimas consecuencias» 

por 21 Noticias

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou hoxe en Ourense que o Partido Socialista “vai chegar ata as últimas consecuencias” na comisión de investigación sobre contratación pública e sobrecuste do Hospital Álvaro Cunqueiro que está a dar os seus primeiros pasos no Parlamento galego. A preguntas dos medios, Besteiro afirmou que “por suposto” Feijoo debe comparecer na comisión, como presidente de Galicia “na etapa que se está cuestionando”.

“Ninguén entendería que Alberto Núñez Feijoo, reclamando o que reclama todos os días en España, non fose capaz de vir aquí” a dar explicacións, remarcou o líder socialista, que insistiu: “Supoño que non se negará a aclarar ese sobrecuste do Álvaro Cunqueiro de 470 millóns de euros, pero, sobre todo, as contratacións que se fixeron na pandemia”. Respecto deses procedementos relacionados coa crise da covid, Besteiro sinalou que “son pouco ou nada transparentes, por non poñerlles outro cualificativo”,

O secretario xeral advertiu tamén sobre o desenvolvemento dos traballos, para os que hoxe se pechou a proposta de comparecentes. “Estaremos moi atentos por se o Partido Popular intenta bloquear, torpedear ou obstaculizar o funcionamento desa comisión”, apuntou. “En todo caso, demandarémolo e denunciarémolo se efectivamente hai un funcionamento irregular”, avanzou.

José Ramón Gómez Besteiro fixo esas declaracións durante a súa visita ás obras do novo centro de regulación ferroviaria de Galicia xunto ao delegado do Goberno, Pedro Blanco. No antigo edificio da estación ourensá de San Francisco, que se está a remodelar con ese fin, destacou o investimento no proxecto, próximo aos 15 millóns de euros, como unha “aposta clara” do Goberno polo futuro do tren en Galicia na que se integran as melloras tecnolóxicas co respecto ao patrimonio.

O líder do PSdeG tamén se referiu aos Orzamentos da Xunta para o 2025 no que respecta a Ourense, que cualificou como “absolutamente decepcionantes” porque “non atallan os problemas reais” que enfronta a Galicia interior, cunha notable falta de fondos para infraestruturas “prioritarias” para a cidade e a provincia e cunha atención “mínima” á política de vivenda. Como exemplos concretos da “discriminación” que sofre Ourense nos Presupostos autonómicos, puxo o abandono do centro de atención a persoas con discapacidade ou a ausencia de iniciativas para o termalismo. “Abandónase á Galicia interior que di defender o PP”, concluíu Besteiro.

Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE

ANEXO

COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN SOBRE CONTRATACIÓN PÚBLICA E SOBRECUSTE DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

Proposta de comparecentes formulada polo Grupo Socialista

Presidentes da Xunta de Galicia 2009-2024:

•           Alfonso Rueda Valenzuela

•           Alberto Núñez Feijoo

Conselleiros/as de Sanidade 2009-2024:

•           Pilar Farjas

•           Rocío Mosquera

•           Jesús Vázquez Almuíña

•           Julio García Comesaña

•           Antonio Gómez Caamaño

Outros cargos de xestión. Consellería de Sanidade:

•           Secretarios/as xerais técnicos da Consellería de Sanidade 2009-2024

•           Directores/as xerais de Recursos Económicos da Consellería 2009-2024

•           Xerentes/as (ou secretarios/as xerais) do Sergas 2009-2024

•           Antonio Fernández Campa, antigo xerente do Servizo Galego de saúde.

•           José Flores Arias, ex xerente do Servizo Galego de Saúde

•           Andrés Paz-Ares Rodríguez, director xeral de Saúde Pública, 2020.

•           Carmen Durán Parrondo, directora xeral de Sáude Pública, 2020.

•           María Jesús Piñeiro Bello, Dirección Xeral de Recursos Económicos do Sergas, 2020.

•           Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral de Asistencia e Innovación do Sergas.

•           Jorge Aboal Viñas, director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

•           Raquel Zubizarreta Alberdi, subdirectora xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía.

•           Manuel Heredia Pérez, director do Instituto Galego do Consumo.

En relación ao proceso sobre o cambio de modelo na construción e financiamento do Hospital Álvaro Cunqueiro, que provocou o sobrecuste sinalado polo Consello de Contas:

•           Juan Carlos Aladro, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia.

•           Tomás Pérez Vidal, conselleiro de área do Sergas no Consello de Contas, e anteriormente membro do consello de administración de Puentes y Calzadas.

•           Elena Muñoz, interventora xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, que informou favorablemente ao contrato.

•           José Ramón Fernández Antonio, conselleiro de Economía do Goberno da Xunta de Galicia, 2009. Responsable da primeira decisión sobre o modelo de financiamento, que modificou o novo Goberno.

•           María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade, 2009.

•           Cayetano Rodríguez Escudero, secretario xeral do Sergas, 2009.

•           Representante da UTE Copasa-Iridium-OHL-San José Constructora e outras.

•           Representante da entidade Herraez Arquitectura SLP.

•           Representante da concesionaria Novo Hospital de Vigo.

•           Representante de Galicia, Empresa Pública de Servicios Sanitarios AA.

•           Representante de Pricewaterhousecoopers Corporate Finance SL.

En relación aos procesos de contratación da Administración que son obxecto de estudo da comisión:

•           Juan Carlos Aladro Fernández, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, que publica los informes de fiscalización.

•           Micaela Núñez Feijoo, directora de Eulen para o noroeste de España e apoderada de Eulen Seguridad, polo seu volume de contratación coa Administración.

•           Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago, polo volume de contratación con Eulen e a súa vinculación familiar.

•           Ignacio Pío Cárdenas Botas, director comercial de Konecta, polo seu volume de contratación coa Administración.

•           Rafael Ignacio Botas Díaz, director financeiro de Universal Support.

•           Jose María Pacheco Guardiola, CEO de Konecta.

•           César Elizaga Viana, Nervo Group.

•           Juan Ramón Guell Cancela, Nervo Group.

•           Federico Chouza, delegado da CIG en Universal Support.

•           Iván Cordeiro,responsable de Contact Center CC.OO.-Galicia.

•           Gumersindo Cachafeiro, fundador e presidente de MAPE polo seu volume de contratación coa Administración.

•           Fernando Javier Camino Maculet. Conselleiro de MAPE Asesores.

•           Felipe Recio, administrador solidario de FCS.

•           Alberto González Amador, dono de Maxwel Cremona SL, empresa intermediaria da contratación entre MAPE Asesores e a Xunta de Galicia.

•           Patricia Argerey Vilar, exdirectora da Axencia Galega de Innovación, que firmou unha licitación para un grupo de empresas entre as que está Cipherbit.

•           Pedro Javier Becerra Rubio, xerente da UTE na que se integra Cipherbit.

•           María Xesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria no momento da adxudicación do contrato con Cipherbit.

•           Francisco Conde, conselleiro de Economía, Industria e Innovación no momento en que se inicia o proceso.

•           Tomás Díaz Ayuso, copropietario ao 50 % de Sismédica SL, polo seu volume de contratación coa Administración durante a época de pandemia.

•           Joaquín Cuíña Barja, administrador de Gallaecia Patentes e Marcas, polo seu volume de contratación coa Administración.

•           Beatriz Cuíña Barja, secretaria xeral de Presidencia.

•           Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, polo volume de contratación con Gallaecia Patentes e Marcas.

•           María Nava Castro Domínguez, directora da Axencia de Turismo de Galicia, 2013-2023, polo volume de contratación con Gallaecia Patentes e Marcas.

•           Francisco Antonio Otero Illodo, socio de Allwork Vestuario Laboral, polo seu volume de contratación coa Administración.

•           Paula Prado del Río, secretaria xeral do PP de Galicia, vicevoceira parlamentaria do PP e muller de Francisco Antonio Otero Illodo.

•           José González Vázquez, conselleiro de Medio Rural, 2018-2024.

•           Luisa Piñeiro Arcos. Directora xerente do Seaga, polo volume de contratación con Allwork.

•           Tomás Pérez Vidal, expresidente de Eptisa en Galicia, polo seu volume de contratación coa Administración con contratos no límite legal para evitar concurso público. Expresidente do Parlamento e conselleiro do Goberno da Xunta de Galicia.

•           Francisco José Dosil Blanco, José Ángel Juncal Castro e Diego Mata Tojo, administradores solidarios de Sibucu360, polo seu volume de contratación coa Administración.

•           Elena Barba Pan, secretaria da Xunta Consultiva de contratación administrativa, sobre a publicación e forma dos contratos menores en Galicia.

•           Presidencia do TacGal, sobre os distintos problemas de contratación e reclamacións recibidas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario