Paula Prado destaca en Brasil que as políticas de igualdade de Galicia son unha referencia para outras rexións

por 21 Noticias

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, considera que as políticas de igualdade que funcionan en Galicia constitúen «unha referencia» e un exemplo a seguir para outras rexións.

Así o manifestou hoxe durante a reunión que mantivo co presidente da Assambleia Legislativa do Estado de Santa Catarina, Mauro de Nadal, e varios deputados desta Cámara cos que tivo a oportunidade de compartir experiencias, debater sobre intereses comúns e poñer en valor a importancia da igualdade na política.

Neste sentido, a número dous dos populares galegos incidiu en que a igualdade debe estar na base de todas as políticas públicas na medida en que estas inciden directamente no día a día das persoas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario