Elena Candia: “Grazas ao pleno extraordinario o  goberno local reaccionou, o que nos enche de forza para seguir marcándolle o ritmo de traballo”

por David Otos

Continuaremos traballando deste xeito porque non é o primeiro proxecto prioritario para Lugo que desbloqueamos pola nosa constancia como ocorreu co Plan Paradai ou o Auditorio de Magoi

  • Sen entrar a valorar o acordo á espera de poder ter acceso á documentación dende o PP din “que se cumpriu o obxectivo da iniciativa que levamos a debate para impulsar a Comisaría da Policía Nacional: conseguimos que o goberno local se reactivase este asunto”
  • Os populares aseguran que “as casualidades non existen en política” e por iso cando incluiron na xunta local que se celebrou minutos antes do pleno “a cesión dos terreos  ao Ministerio do Interior”
  • Para os populares hoxe deuse un paso máis para a construcción da nova Comisaría da Policía Nacional o que nos reafirma en que “que no caso do concello de Lugo é imprescindible o traballo da oposición” matizando que “cando rectifican avanzamos un pouco, pero non todo o que nos gustaría”
  • Tamén indican como o goberno local recoñeceu no debate que empezou a traballar esta cuestión, hai xusto hoxe un ano,  cando o PP puxo riba da mesa unha proposta de facer a Comisaría no Edificio de Obras Públicas porque considerabamos este asunto como prioritario.”
  • Lembran que dende o ano 2019 hai un orzamento de 6M€ do Plan de infraestruturas para construír esta dotación alertando que en 2025 remata este programa

Desconfianza no equipo

  • Os populares tamén afirmaron estar preocupados porque a alcaldesa “fale de filtracións á oposición cada vez que presentamos unha iniciativa” lamentando a desconfianza de Alvarellos co seu equipo “parece obsesionada con que temos acceso a información confidencial e ve pantasmas onde non as hai”
  • Tamén lamentamos a “actitude áceda e provocadora” de Paula Alvarellos que durante o debate utilizou os ataques persoais para disfrazar a súa falta de traballo e de xestión e tamén é un indicativo de que “non quere recoñecer que reaccionan logo da petición que fixemos do pleno”
  • Xa con respecto ao que trascendeu nos medios en relación ás dúas parcelas que ao parecer se ceden ao Ministerio non se aclara como van a conseguir unha edificabilidade de 3.175m2 nunha parcela de 2.117m2 xa que a segunda finca que se entrega está situada enfrente.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario