· O PP e o BNG deixaron claro no pleno que hai unha razón clara de interese público que é non deixar desamparadas ás familias que non poden pagar a residencia
· «Desde o Partido Popular de Foz apoiamos a emenda do BNG na que se incluía un informe que contradí a versión do alcalde ante o TACGAL», explica o voceiro popular, Javier Castiñeira
· «Cajoto converteu este expediente nun esperpento administrativo e lamentamos que siga insistindo en adxudicar o servizo da Residencia de Maiores sen resolver as axudas antes», finaliza Javier Castiñeira