O Grupo Socialista de Oleiros presentou alegacións aos Orzamentos Municipais para o 2025 facendo fincapé en que a inversión vaia dirixida a atender ás necesidades reais dos veciños

por 21 Noticias

Estas alegacións van encaminadas a limitar a tremenda subida de taxas e impostos que quere aplicar Alternativa dos veciños no ano 2025. Os cartos para as medidas propostas saerían do Multiusos no que hai que depurar responsabilidade dos proxectistas e outros axentes pola presenza da auga na obra, de eliminar o coche oficial, de eliminar os 7 asesores contratados a dedo e as dedicacións da metade dos concelleiros, de que o alcalde cobre da Deputación e non do Concello, co que aforraríamos máis de 1,5 millóns de € o que permitiría non aumentar taxas e impostos.

Alternativa dos Veciños adoptou no Pleno de Outubro o acordo de aprobación inicial do orzamento xeral do concello de Oleiros para o exercicio 2025, unas contas lesivas para os veciños e que supoñen unha fortísima subida de taxas e impostos, con aumento da presión fiscal aos veciños novamente igual que fixo con diferentes taxas no ano 2023.

Para cadrar estas contas recurriron a esta fortísima suba de taxas e impostos (10% no IBI e 17% no ICIO por exemplo), que non non vai ir adicada a mellorar os cada día máis deficienres servizos municipais, senón a pagar o Multiusos que se leva casi o 20% do orzamento municipal e o 50% do de Inversión. O Alcalde minte cando di «que esta obra se costea con venta de terreos municipais», xa que a previsión orzamentada é de obter 1.954.166,14 €, e o Multiusos e a Dirección de obra se levan 8.200.000€ no ano 2025.  Faltan 6.200.00€ que saen da subida de impostos e de desatender políticas necesarias de vivenda, de abandoar a mellora e mantemento de redes de abastecemento, de non  mellorar aceras, vías, alumedos, mobilidade ou de non investir no comercio local. Esta obra, capricho do Alcalde, pagarémola todos ca subida de impostos se non dan marcha atrás.

Por outra banda a aparición de auga na obra supuxo un aumento de 2.000.000 € sen que se lle teña repercutido aos axentes responsables dos estudos e proxecto tal sobrecuste, nin tan sequera se teña inicia acción algunha para esixirllo, o que é ineficiente, neglixente e gravísimo.

Por todo o anterior as nosas alegacións esixen que no apartado de inversións se atenda ás necesidades reais dos veciños, xa que inversión sería gastar agora para aforrar no futuro, e neste caso o que están e a xerar con malas e ineficientes decisión máis gastos no futuro que teremos que soportar, polo que propoñemos as seguintes medidas:

– Paralizar a obra do Multiusos e esixirlle responsabilidades aos axentes que interviron no fiasco do proxecto para repercutirlles o subrecuste, e, mentres as responsabilidades non se aclaren, cos 8.036.029,72 € orzamentados no ano 2025, xunto cos 153.916,10 € para dirección da obra, facer o seguinte:

– Adicar 4 millóns a mellorar conxuntamente redes de abastecemento e alcantarillado, e unha vez aberta unha rúa mellorar todo o que non se ve. Inversión de futuro para aforrar cando a terceira parte da auga que merca o Concello pérdese polas fugas dunha rede obsoleta e esquecida.

– Adicar 1,5 millóns a políticas de vivenda para que os nosos mozos non teñan que abandoar Oleiros.

– Adicar outros 1,5 millóns máis a melloras de aceiras, rúas e alumeados,

– 200.000€ para poñer en marcha unha primeira fase do Plan de movilidade polo que pagaron cartos dos veciños e teñen gardado nun caixón.

– Adicar 200.000€ a políticas activas de apoio ao comercio local.

Aínda nos sobrarían 1 millón de €, que sumados aos máis de 500.000 que pode obter se se eliminasen o coche oficial, os 7 asesores e as dedicacións da metade dos concelleiros, sumado a que o alcalde cobrase da Deputación e non do Concello aforraríamos en total máis de 1,5 millóns de €, suficientes, para non aumentar taxas e impostos

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario