Novos coñecementos sobre a historia de Monterrei saen á luz nas xornadas de prehistoria, arqueoloxía e Historia

por 21 Noticias

O congreso de historia en Monterrei desenrolouse durante a xornada do 22 de novembro, celebrando as II xornadas de prehistoria, arqueoloxía e historia nas Terras de Monterrei.

A xornada comezou en sesión matutina coa parte arqueolóxica, donde Victor Muñiz e Yolanda Álvarez presentaron as súas intervencións no campo arquolóxico dende o 2021 ata o presente 2024. Campañas de excavavión e traballos de seguimento de obras de rehabilitación que poñen en valor a vila de Monterrei. Como detalles máis significativos destacamos o achádego de restos do século IV a.C. evidencias de ocupación nun período moi pretérito que ten o seu asentamento definitivo, como vila e fortaleza en época medieval. Deste período data o nacemento da vila de Monterrei cun elemento administrativo de control como o primitivo concello de Monterrei,  xa dende o século XIII, e as distintas construccións militares en diversos períodos de conflicto na fronteira con Portugal. Seguiu despois, a investigadora Nieves Amado que fixo unha exposición sobre o seú traballo de investigación sobre o termo e alfoz de Monterrei, así como a actividade constructiva de conventos relixiosos, ata catro con Laudatos, Mecerdarios, Franciscanos e Xesuitas que estiveron no extramuros da fortaleza de Monterrei.

Na xornada de tarde, e logo dunha visita pola vila de Monterrei e a explicación do arquitecto da rehabilitación actual da vila, Juan Carlos Picáns, falouse por parte de Victor Muñíz e Lucia Rodríguez de Lobarzán da súa etapa prehistórica e ocupación no século VII e medieval ata o seu abandono total no século S. XV. 

A derradeira presentación, previa a sesión editorial, levada por Martiño Xosé Vázquez falou sobre o xacemento da idade do bronce na localidade da Madanela en Monterrei e as primeiras sondaxes que se están a facer no mesmo.

A xornada rematou unha sesión editorial donde Gerardo Rosa falou sobre as marcas de canteiría sobre a Torre de Homenaxe de Monterrei; Agustín Dieguez sobre a casa de Monterrei no século XVII e a súa importancia na corte de dos reis Felipe II, Felipe III e Carlos II; Alberte Blanco Casal coa novela A soidade do imquisidor ambientada no Monterrei do século XVI con xesuitas, inquisidores e poboadores da vila; filanlizaron as xornadas coa presentación das actas das I xornadas de prehistoria, arqueoloxía e historia en Monterrei.

Maridaron as xornadas os viños da Denominación de Orixe e foron presentadas polas autoridades da axencia de Turismo de Monterrei, o concello de Monterrei e a Diputación de Ourense. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario