O PSOE de Oleiros leva ó pleno iniciativas para mellorar os servizos públicos e a calidade de vida dos veciños

por 21 Noticias

O Grupo Socialista presentou para o Pleno de Novembro dúas mocións, unha esixindo respecto polas institucións e máis democracia e outra solicitando investir con urxencia para mellorar as redes de auga que teñen un nivel de fugas e obsolescencia intolerale nunha sociedade avanzada como a de Oleiros.

O Alcalde no pasado Pleno de Outubro nos impediu ler, e dar a oportunidade der votar a urxencia, a dúas mocións, para o cal non ten respaldo xurídico e polo que formulamos protesta e solicitude de aclaracións por escrito sen que aínda fosen capaces de contestar xustificando, con argumentos xurídicos, o respaldo a tal actitude habitual e consentida do Sr. García. Unha era para tratar «Os valores democraticos e a transparencia no concello de Oleiros» e outra para falar da «Necesidade urxente de mellorar as redes de abastecemento e saneamento e eliminar os materiais canceríxenos». Neste Pleno volvemos a presentalas ampliadas.

Calquera das dúas era incómoda para eles, a primeira porque supón entender que cando se  impide falar a un concelleiro, cando se lle retira a palabra, de malos modos e sen xustificación, cando nos falta o respecto debido, a quen se  lle está retirando, a quen se lle está  impedindo falar, a quen se lle está faltando ó respecto é ao pobo de Oleiros. E a segunda porque froito do noso traballo de oposición acabamos de facer público o dato de que Oleiros ten unas perdas na rede de abastecemento de un tercio do total do caudal que mercamos a EMALCSA, un dato demoledor que evidencia a xestión neglixente do «Des-goberno» de Alternativa dos Veciños, cun Alcalde que prefire falar de pleitos con EMALCSA na prensa mentres non se adica a evitar perder anualmente preto de 400.000€ de auga que compra e non sabe a onde vai. Quere ocultar aos veciños que ese o motivo principal do aumento do precio da auga que ven de aprobar.

En canto aos rogos ante o vintecinco de novembro, o GM Socalista quere adicar os 5 rogos ademais dunha pregunta a tratar de estimular e  potenciar o compromiso do noso Concello coa loita contra todas as expresións da violencia machista.

Nas preguntas a primeira é relativa á falla de CIM en Oleiros. A segunda relativa ao mal estado de Santa Cristina. A terceira sobre o estado dos baños públicos nas rúas. A cuarta sobre a falla de saneamento en Lorbé. E a última sobre as petición que fixo o Alclade á Xunta cun anuncio en prensa no que se esquecía de Oleiros solicitando para outros concellos e non para o noso.»

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario