A Deputación e a Mancomunidade presumen da gastronomía da Mariña cunhas xornadas en Sargadelos

A Deputada de Economía, Facenda e Especial de Contas inaugurou este luns AMODO: Conversas arredor da gastronomía na Mariña, unha cita que reúne a expertos da cociña, a comunicación, e dos viños de todo o país e coa que colabora a institución provincial.

A Deputada de Economía, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou este luns no auditorio da Fábrica de Sargadelos, en Cervo, na inauguración de AMODO: Conversas arredor da gastronomía na Mariña. Unha cita coa que colabora a institución provincial -no marco da achega anual de 25.000€ destinada á Mancomunidade de Municipios da Mariña para a promoción turística do territorio- e que reúne a expertos da cociña, a comunicación e dos viños de todo o país.

“Resulta evidente o peso da gastronomía nesta oferta turística”, sinalou a Deputada, para quen “a colaboración entre o tecido produtivo, o comercio, o turismo e a hostalaría xera sinerxías moi positivas” en termos de emprego, desenvolvemento e promoción turística e valorou que é imprescindible seguir dando pasos “que poñan á nosa comarca á bandeira do turismo que nós cualificamos como slow”.

Xunto á Deputada, tamén inaugurou estas xornadas a Presidenta da Mancomunidade e Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López. Na programación prevista para hoxe participan, entre outros, o director do mestrado de turismo gastronómico do Basque Culinary Center de San Sebastián, David Mora; o fundador do Fórum Gastronòmic de Barcelona, Pep Palau; a directora de The Foodie Studies, Yanet Acosta; a cociñeira Lucía Freitas; ou a escritora e xornalista Rosa Molinero.

Comparte éste artículo
No hay comentarios