Inauguración da exposición “Cuentos del trastero” de Rabisco no Mesón do Forno

inaugúrase no Mesón do Forno unha nova exposición “Cuentos del trastero”. O artista portugués, Rabisco, nacido en Torres Novas e con residencia actual na Galiza, estará presente para presentar a mostra. “O meu traballo artístico aliméntase da exploración constante de ideas que desafían a vida cotiá, cun toque de ironía baseada nos acontecementos que acostuman a afectarnos, desde a política, o desabafo no amor/desamor, o medioambiente, etc”

En “Cuentos del Trastero” encontramos unha serie de pinturas que conectan coa instalación nun reflexo do efímero e da intimidade. Xorde da revisión de Rabisco dos antigos garabatos dos seus cadernos e o sentimento de ter que contar esas historias, á vez que montaba nun rocho o seu mini atelier.

Só durante a inauguración, o artista ensinará outros proxectos propios, como fanzines ou o seu primer fotolibro “I’ll be here at least until tomorrow”. Nesta publicación recollense as súas fotografías analóxicas persoais, así como das súas intervencións de calle nas que pinta en colchóns abandonados.

Agardámosvos a partir das 19h no Mesón do Forno, casa de artes e comidas dende 1986. Rúa Río Ser nº12, Lugo.

Para máis información sobre Rabisco  www.rabiscorabisco.com instagram: @rabisco_who

Para máis información sobre o Mesón do Forno instagram: @mesondoforno antiacarreirav@gmail.com +34698149865

Comparte éste artículo
No hay comentarios