Pontevedra acolle este 13 de decembro o evento informativo “A estratexia da Mina de Touro ao descuberto”

Ecoloxistas en Acción e a plataforma veciñal Mina Touro O Pino NON presentan no centro Social A Pedreira este venres ás 18:00 h o documental “Dende que veu a mina”.

Baixo o título “A estratexia da Mina de Touro ao descuberto”, os organizadores invitan a unha tarde informativa no Centro Social A Pedreira sobre a mina de Touro cuxo proxecto de reapertura  está en fase de alegacións. O evento arranca coa proxección do documental “Dende que veu a mina” realizado pola Cooperativa Aqueladas coa colaboración de Ecoloxistas en Acción, que conta a _historia do desastre social e ambiental causado pola mina de Touro e as graves consecuencias que pode ter a súa reapertura para a comarca_. O documental  foi publicado en Novembro deste 2024 por Ecoloxistas en Acción e proxéctase este vemes por primeira vez na provincia de Pontevedra.

“As imaxes da contaminación e os testimonios dos veciños  non deixarán a nimguén indiferente, son realmente impactantes. De  cara á inminente solicitude de concesión a  explotación do dereito mineiro
Alberta I coa presentación do  proxecto Mina Doade (Forcarei, A Lama, Beariz, Avión, Cerdedo- Cotobade) queremos que en Pontevedra se vexan os impactos ambientais e sociais desastrosos que pode ter a minería”, afirman as plataformas locais  SOS Suido Seixo e Alarma na Terra de Montes.

A continuación membros da plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non informan sobre a actual situación que se vive en Touro, que impactos tería a reapertura da mina e sobre os argumentos principais das alegacións, recordando que este proxecto xa foi denegado en 2020, agora foi catalogado como proxecto industrial estratéxico, pero segue sendo o mesmo polo que se estaría incumplindo a Lei ambiental por parte do Goberno galego ao seguir co trámite. Os primeiros modelos para alegar xa estarán dispoñibles para a sinatura dos asistentes esa mesma tarde.

Comparte éste artículo
No hay comentarios