“Festival solidario por un Sáhara libre” este domingo en Lugo

O vindeiro domingo día 22 de decembro no Clavicémbalo (rúa dos Paxariños, 23), a partir das 17:00 ata o peche, celebrarase o «Festival solidario por un Sáhara libre». Trátase dun evento onde a música e a solidariedade se unen por unha causa urxente: apoiar ao pobo saharaui.

O prezo da entrada é de 12€ e toda a recadación irá destinada á Media Lúa Vermella Saharui, organización que traballa no apoio aos campos de refuxiados e refuxiadas de Tinduf, en Alxeria.

Abrirá o evento a activista saharaui Suadu Mohamed Fadel, cunha exposición sobre a situación actual do seu pobo. O Festival contará coa actuación de sete grupos musicais: Beach Avenue, Os Eméritos, Filophóbicas, Mazzing, Mutualistas, Skintight e Verter Gz.

«Festival solidario por un Sáhara libre» está organizado pola Comunidade Saharaui en Galiza, Asociación Contracorrente, Esquerda Unida Lugo e o Partido Comunista de Galicia.

Basta de traizóns e falsas promesas. Paz, xustiza e autodeterminación para o pobo saharui!

Lugar: Clavicémbalo (rúa dos Paxariños, 23)

Día: domingo 22 decembro

Hora: 17:00 h.

Actuacións musicais:

     Beach Avenue

     Os Eméritos

     Filophóbicas

     Mazzing

     Mutualistas

     Skintight

     Verter Gz

Comparte éste artículo
No hay comentarios