Javier Arias visitou aos nenos e nenas que participan na segunda edición do Campus de Nadal que organiza o CB Sarria

Máis de 70 cativos nacidos entre os anos 2007 e 2017 participan nesta iniciativa, que se iniciou este xoves e se prolongará ata hoxe domingo. Durante estes catro días, os participantes reciben adestramentos adaptados por grupos de nivel para mellorar as súas habilidades na práctica do baloncesto, que se completan ademais con outras actividades deportivas, lúdicas e recreativas para fomentar o traballo en equipo e a convivencia.

Arias felicitou ao club sarriao por «darlle continuidade a este campus que lles facilita ás familias a conciliación» ao tempo que lles ofrece aos menores «unha excelente oportunidade de desfrutar do deporte e doutras actividades que fomentan a participación e a convivencia».

Comparte éste artículo
No hay comentarios