Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Lugo abandonaron o salón de plenos en sinal de desacordo coa forma de actuar do goberno local

Só 15 minutos antes de iniciar a sesión, a alcaldesa informou, nunha xunta de voceiros, que incorporaban á sesión do pleno un novo recoñecemento de crédito de 35 facturas por un importe de 150.000 €.
Esta forma de proceder é inadmisible e reflicte unha preocupante falta de transparencia que lamentablemente se converteu na norma neste Concello.

Os datos falan por si mesmos: en 2024 aprobaron 31 recoñecementos por un importe total de 4,6 millóns de euros, dos cales 3,7 millóns contan con reparos de legalidade.
O goberno pretende culpar dos atrasos nos pagamentos aos provedores dicindo que presentan tarde as facturas, como pretenden facer crer, senón dun goberno incapaz de xestionar de forma eficiente e dentro da legalidade.

Comparte éste artículo
No hay comentarios