El político y escritor carballés, Xesús Deus Gende, repartió de manera gratuita ejemplares de su primer libro entre diferentes entidades sociales y bibliotecas de la localidad
“Cando escribes parte de tí está presente no que se denomina libro, letras plasmadas en follas de papel agochan mensaxes que o autor ou autora quere facer chegar a quen ten a ben mergullarse no seu contido, no meu caso non escribo con fíns económicos, aínda que uns pesos no peto non estarrecen, algo se remexe no meu interior que berra por saír, valores cada vez máis esquecidos, sempre coa verdade por diante, con respecto polas ideas que non corcordan coas miñas, que mágoa ollar como a ideoloxía segue presente no apoio e difusión das diferentes obras por parte de quen debería de gobernar para todos e todas, non xuzgo a ninguén porque non son quen para facelo, a non ser que se atente contra os dereitos humanos, liberdade ou se xogue coas “cousas de comer”, nese caso emerxe o rebelde que levo dentro”.
“Por desgraza aínda queda moita xente que tira como pode para chegar a fín de mes, ese non debe ser un impedimento para que aquel ou aquela que queira ler teña a ben facelo, en Cáritas atoparán un libro que poden pedir prestado pois entendo que é aí onde por desgraza acude a xente máis desfavorecida, asimesmo atoparán exemplares nas bibliotecas públicas do concello ; Apem, Afaber, Asociación Española Contra o Cancro, Cruz Vermella ou o Centro de Día de Verdillo xá contan con exemplares, aquelas entidades que teñan entre as súas actividades a lectura, tan só poñerse en contacto comigo por calquera canle e serán agasallados cun libro de balde, no meu caso engádese o amor polo galego, unha fala milenaria que esmorece pouco a pouco ,precisamos que as novas xeracións sintan que a nosa fala é un tesouro, un legado transmitido durante séculos que estivo en perigo en máis dunha ocasión, orgulloso de formar parte dos que loitamos para darlle o lugar que lle corresponde entre a sociedade, “somos a resistencia ”.