Mar Carballas: “Despois de dous anos, o Castiñeiro segue esperando que o concello faga a permuta de terreos para desenvolver novos servizos no barrio” (Vídeo)

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo reclama ao goberno local que acelere os trámites necesarios para facer efectiva a permuta dos terreos do Castiñeiro, acordada hai case dous anos. O intercambio de terreos desbloquearía a situación da parcela na que inicialmente se  proxectaban vivendas públicas e permitiría desenvolver novas dotacións para o barrio.

A concelleira popular, Mar Carballas, lembrou que o acordo xurdiu tralas demandas da veciñanza do Castiñeiro, que reclamaba máis servizos para a súa zona. A popular lamenta que, a estas alturas, sigamos agardando por esta permuta recriminándolle á alcaldesa que en varias ocasións, a última en decembro durante o debate do estado da cidade,  asegurase que esta operación sería INMINENTE.

O Partido Popular subliña a importancia de dotar ao Castiñeiro de servizos que melloren a calidade de vida dos seus residentes “pedimos xestión e axilidade. Non podemos permitir que un acordo tan importante para o barrio quede no esquecemento”, afirmou a concelleira popular.

Comparte éste artículo
No hay comentarios