A literatura en Carballo florece por xaneiro

A Libraría Clarión de Carballo acolleu o venres 31 de xaneiro un acto de presentación da novela «A miña vida noutro lugar» de Rosa Suárez Redondo, publicada por Toxosoutos.

A autora estivo acompañada polo escritor e avogado Xosé Antonio Andrade, quen destacou a limpeza e falta de artificios da escrita coa que Rosa Suárez relata unha historia artellada en torno ao motivo da viaxe. Trátase dun relato que arranca e que termina co reencontro dunha nai e unha filla, unha vivencia que non resulta allea a case ninguén nesta terra nosa de emigrantes.

A autora debateu co público temas centrais na novela como as relacións interxeracionais, a amizade, a maternidade en solitario, o amor ou a apertura da sociedade ás sexualidades diversas.

Pola súa banda o escritor e avogado de Coristanco, Xosé Antonio Andrade, presentou o seu novo libro, «Os cómaros», na libraría pontecesán, «A Tenda do libros».

Fotos de: Xosé Abelenda

Comparte éste artículo
No hay comentarios