O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde do Incio, Héctor Corujo, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica así como para avaliar posibles vías de colaboración de cara ao desenvolvemento de proxectos e a celebración de eventos que dinamicen a vida social e cultural do concello.
Arias fixo fincapé na importancia da cooperación entre as administracións autonómica e local “para garantir servizos e dotacións que nos permitan equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio” e, neste senso, trasladoulle ao rexedor a vontade do Goberno galego de traballar conxuntamente no desenvolvemento de iniciativas que favorezan o benestar dos veciños e veciñas do municipio.