A Xunta destaca no Salón do Automóbil de Lugo o éxito do programa ‘Renova o teu vehículo’

A Xunta de Galicia destacou hoxe no Salón do Automóbil de Lugo a extraordinaria acollida que tivo un ano máis o programa «Renova o teu vehículo», convocado en xaneiro. Durante a inauguración, o director territorial de Economía e Industria, Gustavo Casasola, agradeceu a cooperación da Federación de Asociacións de Concesionarios da Automoción no deseño e xestión do plan, pioneiro en Galicia e que posteriormente adoptaron outras comunidades autónomas.

As axudas oscilan entre os 3.000 e os 4.600 euros, segundo os casos, e facilitan que familias, autónomos e empresas poidan adquirir coches ou furgonetas novas e máis eficientes.

Nesta edición a Xunta prevé apoiar a renovación duns 1.400 automóbiles, que se traduce en 34 millóns de euros de investimentos directos, un aforro enerxético equivalente a 300.000 litros de gasóleo ao ano, un 
aforro económico de 450.000 euros anuais e reducir en 820 toneladas ao ano as emisións de dióxido de carbono, o equivalente ao efecto de 41.000 árbores.

Comparte éste artículo
No hay comentarios