Desatendendo todas as alegacións de SGHN, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia de a declaración de impacto ambiental favorable para «o proxecto industrial estratéxico da industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas».
Os promotores condicionan a execución do proxecto á concesión de 250 millóns de euros dos Fondos NextGeneration polo Goberno de España e á construción dunha subestación eléctrica para o seu abastecemento enerxético.
Pero a realización do proxecto conlevaría o incumprimento de 3 dos 6 obxectivos ambientais definidos no artigo17 do Regulamento de Taxonomía, os relativos á utilización e protección sostibles dos recursos hídricos e mariños, a prevención e o control da contaminación, e a protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas. Polo tanto, o proyecto incumpriría claramente o «Principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH)» e non é elixible para a concesión dos Fondos Next Generation.
Polo devandito, SGHN ven de dirixise á Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pedíndolle que:
- Informe desfavorablemente a concesión de Fondos Next Generation para o proxecto GREENFIBER de construír unha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei (Lugo), con afeccións tamén aos concellos de Melide e Santiso (ACoruña) e Agolada (Pontevedra) .
- Non autorice a construción da subestación eléctrica solicitada para o proxecto.