O xoves, primeiro de maio, XXXIV Festa da filloa de Muimenta

Música na Festa da Filloa

Seguimos facendo público parte do programa de actividades que o vindeiro xoves, primeiro de maio terán lugar no Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta.

Aparte de lembrar o convite que se transmitiu tanto a Enfariñada de Trabada e ao Requeixón de Barreiros (lembramos que o Queixo de San Simón de Vilalba xa leva moitos anos participando na Filloa de Muimenta), a música terá gran protagonismo durante toda a xornada.Os do Campo

Unha vez máis, dende a comisión organizadora quere potenciarse e promocionar os grupo locais e da comarca, como é o caso de “Os do campo” ou “Beteluma” que serán a primeira vez que actúen na FILLOA anque moitos dos seus integrantes participan edición tras edición nesta celebración facendo filloa.Beteluma

Asubios Chaira.

Eventec e a Escola de Música de A Pastoriza, repiten experiencia despois destos anos, grazas ao seu éxito dentro do programa da Filloa

Mentras que o Grupo de Baile de Caión, volve por segundo ano, cunha presentación diferente que esperemos que sexa do gusto dos visitantes do Recinto Feiral “Manuel Vila López” de Muimenta.

Asubios da Chaira, grupo de referencia no Concello de Cospeito de música tradicional acude á Filloa grazas ao programa do Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios