O PP de Lugo advirte que as solucións aprobadas por PSOE e BNG para diminuir risco de inundacions no barrio da Serra de Meira fracasaron

“Fernández e Arroxo avalaron, ata 4 ocasións en xunta de goberno local, este proxecto sen asesorarse coa veciñanza” puntualizando que “os feitos demostran que a obra que se fixo non evita inundacións e deixando a zona igual ou peor que estaba antes”

  • No PP lamentan que “unha intervención que se vendeu como a solución definitiva para evitar inundacións nesta zona de Lugo, non só chegou tarde, senón que non cumpriu  o seu propósito”
  • A intervención, financiada con 600.000 euros pola CHMS e 177.500 euros do Concello de Lugo, aprobouse na Xunta de Goberno Local o 13 de marzo de 2024, despois de anos de atrasos. Con todo, o convenio entre a CHMS e o Concello asinárase xa en maio de 2021, e ao longo destes anos acumulou ata dúas addendas (en decembro de 2022 e decembro de 2023), sen avances reais.

Indignación veciñal

  • As últimas chuvias rexistradas o pasado 11 de abril provocaron unha nova situación de caos: garaxes anegados, ascensores inutilizados, danos en vivendas e vehículos. Unha realidade que puideron comprobar de primeira man concelleiros do Grupo Popular, que visitaron o barrio e escoitaron a indignación da veciñanza
  • “Viviron o mesmo pesadelo de sempre, e con razón están fartos. Isto non é unha solución, é unha chapuza que custou case 800.000 euros de fondos públicos”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios