Os populares aseguran que tralo debate sairon fondamente preocupados pola reflexión coa que o alcalde pechaba a sesión, ao recoñecer publicamente que chegou sen saber cal ía ser o sentido do voto de cada concelleiro.
Unha afirmación deste calibre non é menor, porque evidencia unha enorme incerteza e unha preocupante falta de coordinación interna, impropia dun goberno que debe ofrecer estabilidade e seguridade nas decisións. Cando o propio alcalde admite que “nós non sabemos o que se vai votar aquí, esa prioridade cada un se marca; cada un de nós vota o que ten que votar”, reflicte que non hai liderado, e que Lugo está hoxe en mans dun goberno sen rumbo definido.
O QUE CONSEGUIMOS
Co apoio unánime, dos 25 concelleiros da corporación, conseguimos sacar adiante 3 achegas:
- Que nas bases de execucións para as subvencións para entidades sen ánimo de lucro se habiliten anticipos de pago
- Logramos dotación orzamentaria para que obras xa comprometidas e aprobadas en pleno sexan unha realidade como facer o saneamento de rúa Fermín Rivera; así como o orzamento necesario para renovación da rede de saneamento de Esperante.
- E con TRECE VOTOS acadamos o respaldo para que se bonifique o IBI e a eliminación da plusvalía aos propietarios de terreos afectados polo cambio de calificación nas áreas de expansión xa que están a pagar como solo urbano sen poder construír.