Apagamento: BNG e ERC esixen explicacións urxentes a Sánchez e o seu Goberno no Congreso

As formacións soberanistas urxen ao executivo a dar explicacións na Cámara Baixa sobre a orixe e a xestión realizada polo Goberno español respecto ao apagamento do 28-A

No concreto, solicitan a comparecencia ante o Pleno do Congreso do Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, así como a Vicepresidenta Terceira do Goberno e Ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen; o Ministro de Transportes, Óscar Puente; e o Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska.

Ademais, solicitan a comparecencia en Comisión das secretarías de Estado de Comunicación, Seguridade do Estado e Seguridade Nuclear. Solicitan tamén a comparecencia da presidenta de Rede Eléctrica, do director do Servizo de Operacións de Rede Eléctrica.

Comparte éste artículo
No hay comentarios