O PP de Lugo reclama a reposición de varandas e arranxo dos camiños e desprendementos nos Xardíns Marcos Cela e a reposición do pavimento do parque infantil

O Grupo Municipal Popular esixe unha actuación inmediata no espazo público dos Xardíns Marcos Cela e no parque infantil da Avenida de Magoi fronte ao novo auditorio.

Os populares solicitan unha revisión integral da zona e actuacións concretas:

–        Reposición de varandas caídas en cinco tramos

–        Reparación dos camiños interiores con fendas

–        Arranxo da parede vexetal caída

–        Limpeza das canalizacións de escorrentía, actualmente chea de área

–        Eliminación de pintadas en distintos elementos como o mirador ou a fonte do Pilar

No parque infantil urxe a renovación do pavimento que está en moi mal estado, con ocos perigosos que poñen en risco a seguridade dos nenos e nenas.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios