Avia Veira esixe ao Dépor que recapacite sobre Marathon Inferior: “Non se pode desprezar a quen o dá todo polo equipo”

A portavoz do BNG critica a nova regulación que a directiva quere impor á bancada de animación e pide non actuar «de xeito preventivo» contra 4.000 afeccionados.

A portavoz do BNG no Concello e candidata nacionalista á Alcaldía, Avia Veira, amosou o seu rexeitamento á nova regulación que o Consello de Administración do Deportivo pretende impor na bancada de Marathon Inferior, unha medida que espertou duras críticas en amplos sectores do deportivismo.

A través dunha mensaxe na súa conta da rede social X, Veira foi tallante: “Non se pode desprezar a xente de Marathon Inferior despois de todo o que fan polo equipo. O Dépor ten que recapacitar”.

Máis noticias do Deportivo: De eclipses y abonos O himno como anestesia De hacerle la ola al propietario del RC Deportivo, a la revuelta irmandiña: Riazor planta cara al “señor del castillo” Ha fallecido la Grada de General

A polémica xurdiu tras coñecerse que a directiva do club pretende controlar individualmente calquera elemento ou símbolo de animación que queiran introducir as e os abonados de dita bancada en Riazor.

Para a portavoz nacionalista, a orixe do conflito reside no regulamento de LaLiga, “que trata todas as bancadas de animación por igual”, o que cualificou de inxusto.

Neste sentido, Veira defendeu que a contundencia debe aplicarse contra os culpables e non contra todo un colectivo: “Cando haxa odio e violencia, que se actúe contra quen os exerza, na bancada na que estea e no campo no que estea”. Porén, insistiu en que isto non xustifica castigar preventivamente ás 4.000 persoas que enchen Marathon Inferior en cada partido para empurrar o equipo na casa.

Comparte éste artículo
No hay comentarios