Nicole Grueira esixe a Lino Rodríguez que pague do seu bolsillo os gastos derivados da cesión do uso do autobús que se mercou con cartos de todos os veciños de Pol

Nicole Grueira pregunta a Lino Rodríguez “se esta completamente seguro de que ese autobús, con máis de 20 anos de vida, pode realizar un desprazamento desas condicións e quen vai a conducir o vehículo”.

A voceira do Partido Popular de Pol, Nicole Grueira, esixe a Lino Rodríguez que “pague do seu bolsillo” todos os gastos derivados da cesión do autobús, comprado con cartos de todos os veciños de Pol, para o desprazamento de afeccionados do CD Lugo desta fin de semana.

Nicole Grueira explica que, sen poñer en dúbida esta colaboración, “debe ser o alcalde o que asuma os custos” xa que “o rexedor está a poñer sempre numerosas trabas para que calquera veciño de Pol poida empregar este vehículo, como que calquera veciño ten que sinalar quen será a persoa que o conducirá”.

Por este motivo, a voceira popular tamén pregunta a Lino Rodríguez “quen conducirá este vehículo municipal, cun seguro pagado con cartos do Concello” e ademais sinala se “o alcalde está seguro de que este autobús pode realizar un desprazamento destas características xa que se trata dun vehículo con máis de 20 anos de vida”.

Nicole Grueira aproveita a ocasión para preguntar ao alcalde se “a compra do autobús era realmente para dar servizo aos veciños de Pol ou, unha vez máis, para ver cumprida un máis dos seus desexos relacionados co fútbol”, fin ao que destina unha gran cantidade de cartos municipais a pesar de que os provedores do Concello tardan meses en cobrar ou hai empresas que directamente evitan traballar para o Concello de Pol ante as serias dúbidas que teñen de cobrar polos seus servizos.

A voceira popular insiste en que “as prioridades do alcalde distan moito das dos veciños, xa que prefire investir en mercar un autobús en lugar de arranxar as estradas municipais, que están desfeitas, ou en minimizar a débeda do Concello,que supera os 3,5M€”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios