O Castro de Viladonga (Castro de Rei), dependente da Xunta, foi hoxe escenario do nomeamento de Abraham Cupeiro como socio de honra da agrupaciónlucense de recreación histórica ‘Vindicta’. A iniciativa foi promovida polo propio colectivo.
O director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, sumouse ao acto, no que lle trasladou o recoñecemento da Xunta ao artista sarriao, multiinstrumentista e luthier que destaca entre as principais figuras do panorama musical galego.