Elena Candia: “O novo Alcalde ignora a veciños e traballadores, rexeita todas as melloras orzamentarias presentadas polo PP”

Elena Candia: “todas as peticións feitas contan co apoio do Grupo Popular porque  responden a necesidades reais da cidadanía e dos empregados municipais

O Grupo Municipal do PP lamenta que o  novo alcalde de Lugo empece o seu mandato rexeitando en bloque as alegacións que se presentaron aos orzamentos municipais de 2025.  O goberno local inadmitiu 14 delas alegando “falta de lexitimidade” e desestimou as CATRO restantes, que son as que presentan os sindicatos e a xunta de persoal.

Esta decisión deixa en evidencia a falta de  diálogo por parte de PSOE e BNG e que a propia xunta de persoal advirte na súa alegación indicando que non houbo “negociación colectiva preceptiva previa á aprobación dos orzamentos municipais, en concreto en relación á aprobación da plantilla municipal na que existen discrepancias con respecto a RPT” o que podería poñer en perigo a validez dos orzamentos.

En Lugo temos un goberno progresista de PSOE e BNG que vota en contra dos servizos públicos e rexeitan:

Implementar de maneira efectiva a carreira profesional

Reverter a privatización de servizos como o da reparación de avarías de auga e dotar as brigadas municipais de augas, vías e obras e parque móbil do persoal necesario

Incluír partidas para asignar a xornada completa ao persoal de Servizos Sociais que conta con xornada ao 66%

Dar cumprimento ás sentezas xudiciais que obrigan a este concello a realizar modificacións na plantilla

Incrementar a partida para a formación en prevención de riscos laborais

Rexeitando estas alegacións é votar en contra de prioridades para a veciñanza como:

A facer  beirrúas que garantan o tránsito seguro en Virxe da Soidade, nas Gándaras, ou en ampliar a beirrarúa ata o cemiterio no barrio da ponte

A eliminar tapóns urbanísticos como o de Escultor Asorei

A cobrir o parque infantil da Fonte dos Ranchos

De mellorar servizos na zona rural (plan plurianual que permita dotar aos núcleos do rural de abastecemento; taxi a demanda; plan de reparacións; mantemento e desbroces das estradas; o vaciado das fosas sépticas

A voceira popular cre que con esta actitude de rexeitar as peticións en bloque se desaproveita a oportunidade de mellorar a cidade e de atender ás demandas da veciñanza e traballadores municipais. Dende o Grupo Municipal seguiremos traballando para que estas necesidades non caian no esquecemento e para que Lugo teña uns orzamentos que realmente respondan ás necesidades do municipio.

Comparte éste artículo
No hay comentarios