Propostas, diferenzas salariais e folga nas negociacións do convenio comercio alimentación de Ourense

Tras dous novos días maratonianos de mediación, nos que a patronal de alimentación de Ourense menosprezou os cadros de persoal do sector, pechouse a negociación sen acordo, pola cobiza e falta de vontade da patronal.

A patronal suspendeu onte ás 19:00 horas a negociación. Na xuntanza de hoxe ás 09:00 horas achega unha proposta na que propón un incremento de 100 euros anuais na categoría IV do convenio, pasando de 17.648,83€ a 17.750€.

A parte social, co ánimo de chegar a un acordo que puidera ser beneficioso para todas as partes e co compromiso de desconvocar a folga, presentámoslles unha proposta que contempla:

1º Escenario dun convenio colectivo a 4 anos, mantendo o grupo IV e promocionando ao nivel III aos 6 meses, coas seguintes táboas:

Táboa nivel IV:

  • 2025: 17.750€
  • 2026: 18.637,50€
  • 2027: 19.196,63€
  • 2028: 19.772,52€

Táboa nivel III:

  • 2025: 18.100€
  • 2026: 19.500€
  • 2027: 20.200€
  • 2028: 21.000€

2º Escenario dun convenio colectivo a 3 anos, mantendo o grupo IV e promocionando ao nivel III aos 12 meses, coas mesmas táboas dos anos 2025, 2026 e 2027 anteriormente mencionadas.

A patronal, nun novo exercicio de engano cara os cadros de persoal, está lanzando unha mensaxe allea á realidade, onde di que para achegarse á equiparación salarial con outras provincias incrementa os salarios nun 22,74%, recoñecendo con esas cifras que tivo aos cadros de persoal durante moitos anos cuns salarios de miseria.

Empresas como Gadis, Froiz e Cuevas, que levan anos lucrándose de situacións como as derivadas da pandemia, a crise de prezos derivada da guerra de Ucraína, etc., nas que recadaron millóns en beneficios, din agora que non poden pagar o mesmo que a outros traballadores e traballadoras doutras provincias como A Coruña ou Pontevedra.

¡Queda claro a mensaxe destas empresas: en Ourense vivimos como galegos, pero como galegos pobres!

 SALARIO CORUÑA 2025SALARIO OURENSEDIFERENCIA ENTRE CORUÑA Y OURENSE
SB+PT19.924€2025: 18.100€-1.824€
  2026: 19.005€-910€
  2027: 19.575-349€

Coa proposta patronal, a categoría IIIb en 2027 cobraría 349 euros menos que na Coruña a data de hoxe, tendo en conta que no ano 2026 se abre a negociación do convenio na Coruña e estas diferenzas aínda se verán incrementadas.

A isto é ao que a patronal chama equiparar!

A isto hai que sumarlle o comunicado ameazante que lanzaron esta tarde algunhas patronais os cadros de persoal, nun intento desesperado de coacción para frear unha folga que se prevé masiva e cun seguimento aínda maior que a histórica folga do pasado 16 de maio.

Convocatorias:

  • Folga: 6 e 7 de xuño

·        Manifestación:

Sábado, 7 de xuño

Saída ás 12:00 desde a Casa Sindical e finalización na Praza Maior diante do Concello.

Comparte éste artículo
No hay comentarios