Tras dous novos días maratonianos de mediación, nos que a patronal de alimentación de Ourense menosprezou os cadros de persoal do sector, pechouse a negociación sen acordo, pola cobiza e falta de vontade da patronal.
- 1º Escenario dun convenio colectivo a 4 anos, mantendo o grupo IV e promocionando ao nivel III aos 6 meses, coas seguintes táboas:
- Táboa nivel III:
- 2º Escenario dun convenio colectivo a 3 anos, mantendo o grupo IV e promocionando ao nivel III aos 12 meses, coas mesmas táboas dos anos 2025, 2026 e 2027 anteriormente mencionadas.
- Convocatorias:
- · Manifestación:
A patronal suspendeu onte ás 19:00 horas a negociación. Na xuntanza de hoxe ás 09:00 horas achega unha proposta na que propón un incremento de 100 euros anuais na categoría IV do convenio, pasando de 17.648,83€ a 17.750€.
A parte social, co ánimo de chegar a un acordo que puidera ser beneficioso para todas as partes e co compromiso de desconvocar a folga, presentámoslles unha proposta que contempla:
1º Escenario dun convenio colectivo a 4 anos, mantendo o grupo IV e promocionando ao nivel III aos 6 meses, coas seguintes táboas:
Táboa nivel IV:
- 2025: 17.750€
- 2026: 18.637,50€
- 2027: 19.196,63€
- 2028: 19.772,52€
Táboa nivel III:
- 2025: 18.100€
- 2026: 19.500€
- 2027: 20.200€
- 2028: 21.000€
2º Escenario dun convenio colectivo a 3 anos, mantendo o grupo IV e promocionando ao nivel III aos 12 meses, coas mesmas táboas dos anos 2025, 2026 e 2027 anteriormente mencionadas.
A patronal, nun novo exercicio de engano cara os cadros de persoal, está lanzando unha mensaxe allea á realidade, onde di que para achegarse á equiparación salarial con outras provincias incrementa os salarios nun 22,74%, recoñecendo con esas cifras que tivo aos cadros de persoal durante moitos anos cuns salarios de miseria.
Empresas como Gadis, Froiz e Cuevas, que levan anos lucrándose de situacións como as derivadas da pandemia, a crise de prezos derivada da guerra de Ucraína, etc., nas que recadaron millóns en beneficios, din agora que non poden pagar o mesmo que a outros traballadores e traballadoras doutras provincias como A Coruña ou Pontevedra.
¡Queda claro a mensaxe destas empresas: en Ourense vivimos como galegos, pero como galegos pobres!
| SALARIO CORUÑA 2025 | SALARIO OURENSE | DIFERENCIA ENTRE CORUÑA Y OURENSE | |
| SB+PT | 19.924€ | 2025: 18.100€ | -1.824€ |
| 2026: 19.005€ | -910€ | ||
| 2027: 19.575 | -349€ |
Coa proposta patronal, a categoría IIIb en 2027 cobraría 349 euros menos que na Coruña a data de hoxe, tendo en conta que no ano 2026 se abre a negociación do convenio na Coruña e estas diferenzas aínda se verán incrementadas.
A isto é ao que a patronal chama equiparar!
A isto hai que sumarlle o comunicado ameazante que lanzaron esta tarde algunhas patronais os cadros de persoal, nun intento desesperado de coacción para frear unha folga que se prevé masiva e cun seguimento aínda maior que a histórica folga do pasado 16 de maio.
Convocatorias:
- Folga: 6 e 7 de xuño
· Manifestación:
Sábado, 7 de xuño
Saída ás 12:00 desde a Casa Sindical e finalización na Praza Maior diante do Concello.