Máis de 50 persoas maiores de 50 anos participarán nas xornadas da universidade sénior da UDC en Cee

Hoxe 12 de xuño, ás 16:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Cee a inauguración das primeiras xornadas da Universidade Sénior da Universidade da Coruña neste concello, cunha participación prevista de máis de 50 persoas maiores de 50 anos.

A Universidade Sénior, o programa universitario da UDC dirixido a persoas maiores de 50 anos, pon en marcha en 2025 estas xornadas formativas en Cee, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e á colaboración do Concello de Cee. A actividade desenvolverase durante o mes de xuño na Casa da Cultura.

O programa consta de tres módulos temáticos, con sesións teórico-prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán diferentes áreas de coñecemento:

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais

Xoves, 12 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00

Sesión teórica “Tipoloxía e significado dos cruceiros en Galicia” e visita ao Museo Fernando Blanco de Lema.

Prof. Álvaro Iglesias Maceiras

MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía

Xoves, 19 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00

Sesión teórica “A ría de Lires, unha contorna ambiental, social e economicamente sustentable” e saída de campo á Ría de Lires e piscifactoría Tres Mares.

Prof. Javier Cremades Ugarte

MODULO 3. Ciencias da Vida e Saúde

Xoves, 26 de xuño de 2025, de 16:30 a 19:00

Sesión teórica “Educación para a Saúde dende o exercicio terapéutico” e actividade práctica

Profa. Isabel Raposo Vidal

Con esta iniciativa, a Universidade Sénior achégase por primeira vez á poboación maior de Cee e da súa comarca, co obxectivo de dar resposta ás súas inquietudes e necesidades formativas, en liña co labor de extensión universitaria que desenvolve desde a súa creación no ano 2018.

Comparte éste artículo
No hay comentarios