A Xunta colabora con Festival de música urbana Porta do Son, que estrea a primeira edición este sábado en Sarria

A Xunta de Galicia colabora co Porta do Son Fest, unha nova proposta cultural centrada na música urbana que celebrará a súa primeira edición este sábado en Sarria. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación do cartel xunto ao grupo de mozos que organiza o evento.

A cita terá lugar no campo de rugby, a partir das 17,00 horas, e reunirá a DJs e artistas recoñecidos do panorama nacional, contando tamén con talentos emerxentes locais. Sumarán máis de oito horas de música urbana española, electrónica, indie, pop e rock, con 12 actuacións a cargo de Skinyz, Dann Valero, Adrián Gold, Carlej, Jorge Álvarez, Sote, Víctor Rivas e Rivero. Actuarán tamén os sarriaos Pablo Parga e Javi White, así como Adri Torres e Samu Capi, premiados no concurso de DJ promovido polo festival.

Javier Arias puxo en valor a importancia desta nova iniciativa “para consolidar Sarria como un referente cultural e musical na comunidade, cunha proposta diferente que de seguro terá un impacto positivo no tecido económico e social da comarca”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios