As ‘Xornadas-Reencontro coa Historia de Marín e unha iniciativa promovida polo Club de Opinión PORTOCELO que vai más aló de rememorar feitos e aconteceres do noso pasado histórico.
As súas actuacións compleméntanse con actos de recoñecemento e afecto aos marinenses que veñen facendo historia dentro e fora da nosa terra, vinculando o nome de Marín á súa exitosa traxectoria persoal e profesional no ámbito empresarial, cultural, deportivo, intelectual e mesmo político; así como a aqueles colectivos ou entidades públicas ou privadas que se comprometen e implican en resaltar e facer realidade a importancia cara o exterior do desenvolvemento social e económico do pobo marinense.
En tal sentido e para cumprir co obxectivo marcado foron instituidos no ano 2012 os Premios FACENDO HISTORIA ao amparo da conmemoración do IX Centenario de Marín na Historia celebrado con toda solemnidade no Monasterio de Oseira, alcanzado xa na actualidade a duodécima edición, despois dun paréntesis de dous anos por mor da pandemia.
Ao longo de todo este tempo foron entregados numerosos galardóns, cuia lista sera longo expoñer, que este ano ampliamos a persoas que veñen contribuíndo a posta en valor da Vila de Marín dentro e fora da súa contorna territorial a través da súa profesionalidade e o caso de:
María do Rosario García Campelo, pola súa entrega a Oncoloxía Médica destacando polos logros e contribucións conseguidos no exercicio da súa profesión.
Raquel Carragal Da Costa, polos seus retos solidarios dando visibilidade, e reivindicando maior atención por parte da Administración Pública, as enfermedades ‘raras’.
O mesmo tempo será entregada unha Mención Póstuma o marinense Carlos Paratcha Vázquez, pola súa entrega a investigación, divulgación e defensa do Patrimonio Prehistórico de Marín.
Nota: O premio consiste na entrega –que terá lugar O SÁBADO DIA 13 DE SETEMBRO- dun diploma acreditativo da distinción e unha estatuilla de cerámica, réplica do antiguo edificio do Priorato de Oseira, confeccionado por lo Obradoiro ‘Alén da Olas’ de Marín.
PROGRAMA ACTO DE ENTREGA
Fecha: Sábado, 13 de septembro
11.30h Recepción no Salón de Plenos da Casa Consistorial de premiados, autoridades e invitados
12.00h Apertura da sesión e saluda da alcaldesa, María Ramallo.
12.15h Presentación e lectura de semblanzas a cargo do promotor Angel G. Carragal.
13.00h Pronunciamento do discurso de peche de sesión por parte da alcaldesa.
13.15h Concerto ‘Facendo Historia’ no ‘hall’ da Casa Consitorial a cargo do Coro de Cámara Thalassa de Marín dirixido por Gonzalo Martín Lorenzo.