O novo programa serviu para falar do comezo da Terceira Federación. No estudio estivo Martina Soto, que este ano fichou no Val. A xogadora recuperou as ilusións tras un ano incompleto no Amistade e está convencida do bo papel das naronesas na estrea de categoría: “Temos un bo equipo. Creo que O Val vai dar sorpresas este ano”, sinalou.
En canto á Primeira División, tivemos a rolda de prensa de Ainhoa Marín, a atacante deportivista que falou do triunfo ante o Athletic, das expectativas do xogo contra o R. Madrid e das do equipo cara á campaña 2025/26. “Queremos facer mellor posto que o ano pasado. Aos postos de arriba é onde queremos chegar. Estou buscando varios recursos para axudar ao equipo e o físico pode axudarme niso”, sinalou para falar do seu traballo vacacional e de pretemporada
Por último estivo Marga González, nova presidenta do Tomiño, que marcándose o obxectivo da permanencia e sendo o principal referente no fútbol feminino do Baixo Miño, falou da estrea contra o Victoria de Santiago: “Espero que veña moita xente vermos, que se enganche ao fútbol feminino e que gañemos”.