Acto de homenaxe ás vítimas do Campo de Aragón-Ourense

Co gallo do aniversario da execución de Undina Álvarez Pérez, única muller asasinada polas tropas sublevadas no antiguo cuartel militar de San Francisco, desde a Asociación de Memoria Democrática Campo de Aragón-Ourense queremos invitan á primeira homenaxe a todos os alí fusilados que, desde a entidade e en colaboración cos Amigos da República eo Comité de Memoria Histórica IES Pedra da Auga, ofrecerán como medida de visibilización pública da demanda histórica de recoñecemento a estas persoas.

O venres 26 de setembro, ás 19:00, desenvolverase na praza da República (actual praza da Biblioteca Pública do Estado Nós) unha lectura dun texto realizada por parte de Paz Gómez del Valle, membro de Amigos da República e familiar de Manuel Gómez del Valle, asasinado en ningún lugar. Ademais, varios membros da sociedade intervirán cunha serie de manifestos, á vez que contarase co poeta Claudio Rodríguez Fer e o cantautor Xosé Constenla antes de realizar unha ofrenda floral.

Comparte éste artículo
No hay comentarios