O BNG esixirá ao SERGAS que pague a débeda que ten coas ortopedias da área sanitaria Coruña-Cee

O grupo parlamentar do BNG reuníronse ayer co presidente de ATOGA (asociación de Técnicos ortopédicos de Galicia), Juan Santos Chouza e con titulares de establecementos ortopédicos da zona para escoitar as reivindicacións do sector, que solicitan cambios na xestión e dispensación de productos ortoprotésicos.

Ayer reuníronse no parlamento galego as deputadas do Bloque Nacionalista Galego Montse Prado, Iria Carreira e Oscar Insua co presidente da asociación galega que reúne a maioría dos establecementos ortopédicos e Mariam Fuentes, titular dunhaortopedia no concello de Cee. A xuntanza serviu para coñecer a problemática diaria que teñen estes establecementos cando dispensan todo tipo de productos ortoprotésicos aos pacientes da área sanitaria, mais a principal preocupación centrouse na débedaque teñen co SERGAS. 

A asociación estima que a Área sanitaria da Coruña-Cee debe máis de 2 millóns de euros ás ortopedias, que levan dende o mes de xaneiro sen cobrar, sen recibir o importe dos productos que dispensaron, unha situación que se repite ano tras ano, e que o SERGAS é incapaz de desbloquear cando aproba os seusorzamentos. 

Esta área sanitaria é a única de toda Galiza que arrastra unhadébeda coas ortopedias, xa que as demais pagan en tempo e forma, polo que é preciso frenar esta deriva que demostra a nefasta xestión do Partido Popular na sanidade pública galega.

Dende a formación nacionalista sinalan que “imos a exixir no parlamento que o SERGAS, na área da Coruña-Cee, pague o que debe, porque as ortopedias son pequenos comercios que non poden convertirse en oficinas financieiras dun sistema que faiauga pola nefasta xestión sanitaria do Partido Popular”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios