O grupo parlamentar do BNG reuníronse ayer co presidente de ATOGA (asociación de Técnicos ortopédicos de Galicia), Juan Santos Chouza e con titulares de establecementos ortopédicos da zona para escoitar as reivindicacións do sector, que solicitan cambios na xestión e dispensación de productos ortoprotésicos.
Ayer reuníronse no parlamento galego as deputadas do Bloque Nacionalista Galego Montse Prado, Iria Carreira e Oscar Insua co presidente da asociación galega que reúne a maioría dos establecementos ortopédicos e Mariam Fuentes, titular dunhaortopedia no concello de Cee. A xuntanza serviu para coñecer a problemática diaria que teñen estes establecementos cando dispensan todo tipo de productos ortoprotésicos aos pacientes da área sanitaria, mais a principal preocupación centrouse na débedaque teñen co SERGAS.
A asociación estima que a Área sanitaria da Coruña-Cee debe máis de 2 millóns de euros ás ortopedias, que levan dende o mes de xaneiro sen cobrar, sen recibir o importe dos productos que dispensaron, unha situación que se repite ano tras ano, e que o SERGAS é incapaz de desbloquear cando aproba os seusorzamentos.
Esta área sanitaria é a única de toda Galiza que arrastra unhadébeda coas ortopedias, xa que as demais pagan en tempo e forma, polo que é preciso frenar esta deriva que demostra a nefasta xestión do Partido Popular na sanidade pública galega.
Dende a formación nacionalista sinalan que “imos a exixir no parlamento que o SERGAS, na área da Coruña-Cee, pague o que debe, porque as ortopedias son pequenos comercios que non poden convertirse en oficinas financieiras dun sistema que faiauga pola nefasta xestión sanitaria do Partido Popular”.