O PP de Monforte defenderá no pleno a mellora do parque infantil do Hospital porque “non basta con crear novos espazos, tamén hai que mantelos en bo estado”

Katy Varela explica que “cando se proxecta crear novas zonas de ocio ou novas infraestruturas, non é suficiente con contar cun orzamento para a súa creación, tamén hai que reservar partidas a futuro para mantelas en bo estado”.

Dende o Grupo Municipal do PP de Monfortedefenderán no pleno que defenderán no pleno da próxima semana unha iniciativa para que o goberno local realice os traballos necesarios para a mellora do parque infantil do Hospital, “moi deteriorado pola total falta de mantemento” por parte do goberno de José Tomé.

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, pon sobre a mesa “a importancia do mantemento das infraestruturas”, sobre todo daquelas zonas de ocio para os máis pequenos “porque non é suficiente con crear dotacións e espazos de ocio, senón que tamén hai que contar cunha previsión de mantemento, algo totalmente esquecido por parte de Tomé”.

A popular explica que na zona infantil do parque do hospital hai numerosas deficiencias “que provocaron queixas por parte dos monfortinos ao dar unha sensación de total abandono”. Entre outras eivas, o firme da zona destinada ao paseo e ao tránsito de bicicletas está roto e descoidado, provocando caídas.

“É primordial realizar un mantemento das infraestruturas”, algo para o que tamén defenderán a mellora da situación dos parques infantís nas parroquias que suscitaron queixas tamén entre os veciños.

Comparte éste artículo
No hay comentarios