O PP reclama á Deputación a que esixa a Adif o arranxo completo dos danos da estrada LU-P-5901 ocasionados polas obras da estación de Canabal

Antonio Ameijide afirma que “somos conscientes” de que toda obra ten os seus inconvenientes e que poden producir molestias ou incluso danos pero “por ese mesmo motivo o goberno da Deputación de Lugo ten que esixir que se reparen completamente os danos producidos como consecuencia dos traballos realizados”.

Os deputados provinciais Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron ‘in situ’ os danos derivados das obras que Adif realizou na estación de Canabal e nas vías do ferrocarril ao seu paso polos municipios de Sober e Ferreira de Pantón que “danaron considerablemente” a estrada provincial LU-P-5901 como consecuencia do elevado e constante tránsito de vehículos pesados.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, explica que “somos conscientes de que toda obra ten os seus inconvenientes e que poden producir molestias ou incluso danos” pero “por ese mesmo motivo o goberno da Deputación de Lugo ten que esixir que se reparen completamente os danos producidos como consecuencia dos traballos realizados”.

Antonio Ameijide sinala que “o malestar” entre os veciños de Sober é notorio porque esta estrada á conexión que teñen coa N-120. “Nós mesmos comprobamos como os vehículos teñen que reducir considerablemente a velocidade para poder minimizar os efectos das enormes fochancas que invaden a estrada, incluso os vehículos pesados teñen que modificar a traxectoria para evitar danos”, explicou.

Os danos ocasionados nesta estrada son de tal calibre que as fochancas permiten ver o firme vello da estrada, incluso a pintura vella. “Isto implica que as fochancas teñen varios centímetros de profundidade o que engadido á gran lonxitude que teñen sexan moi perigosos para a circulación”, explicou.

Pero o que xerou maior malestar entre os veciños é que se reparou unha parte da estrada, dun quilómetro aproximadamente, deixando a parte restante, de algo máis dun quilómetro, sen actuación algunha.

Ante esta situación, dende o Grupo Provincial Popular piden á Deputación que inste a Adif a reparar todos os danos ocasionados polas obras para “garantir a seguridade” dos usuarios desta estrada provincial.

Comparte éste artículo
No hay comentarios