Fundación Juan XXIII. A natureza renace en Lago Castiñeiras: presentación do novo proxecto “O Botánico” o 22 de outubro

O “Botánico do Lago de Castiñeiras” é unha iniciativa ambiciosa liderada pola Fundación Juan XXIII que busca por en valor o potencial social e produtivo das persoas con discapacidade intelectual a través de actividades laborais produtivas e formativas dirixidas á poboación en xeral. O proxecto desenvólvese nunha contorna natural privilexiada como é o Lago de Castiñeiras, no  parque forestal de Cotorredondo, o que lle engade un importante valor engadido ao proxecto.

O proxecto articúlase en torno aos valores de NECESIDADE (social e ambiental), DIGNIDADE (pola vía do emprego de calidade) e EXEMPLO (procurando que a experiencia de fomento do emprego poda ser replicable), buscando xerar un impacto social transformador ao normalizar o emprego das persoas con discapacidade e promover a súa participación social autónoma.

As actividades clave do proxecto son diversas e con potencial de sostibilidade económica:

  • Actividades comerciais e produtivas: Inclúen unha cafetería como punto de encontro sociolaboral (hostalería); un Garden para a venta de plantas e artigos de xardinería (comercio);  xardíns temáticos de exposición e venta con valor didáctico (formación en materia socia e ambiental), y un viveiro para a produción e comercialización de planta forestal autóctona (contribución á mellora ambiental á recuperación do patrimonio). Estas actividades permitiran xerar emprego estable e  ingresos propios para a sostibilidade do  proxecto.
  • Actividades de educación social e ambiental: Dirixidas a escolares y outros grupos, permiten sensibilizar sobre a discapacidade a través da experiencia directa e promoven a educación ambiental nunha contorna natural única.
  • Actividades de promoción do ocio na naturezaLideradas por persoas con discapacidade cualificadas profesionalmente, que guiarán visitas aproveitando a contorna do parque.
  • Actividades formativasCapacitación técnica e profesional para persoas con discapacidade intelectual, preferentemente baixo a modalidade de formación dual, o que facilita a súa inserción laboral.

O proxecto presenta un modelo de financiación mixto e unha visión de sostibilidade a longo prazo. A execución artéllase por fases para permitir o autofinaciamento a través da posta en marcha das actividades. Ademais dos fondos propios xerados polas actividades, o  proxecto conta con colaboracións estratéxicas e financiación por conta allea de entidades públicas e privadas, demostrando un amplo apoio á iniciativa.

A innovación é un pilar fundamental do proxecto, destacando aspectos metodolóxicos como la formación dual e o papel de la persoa con discapacidade como referente y líder de todo canto se faga ao abeiro do proxecto. Tamén se considera a integración paisaxística con murais educativos e o uso do espazo natural como recurso didáctico.

Na fase actual (2025- 2026), o proxecto se centra na rehabilitación dun espazo destinado a cafetería  e na creación de xardíns temáticos,  o que supón unha oportunidade concreta para a inversión e o apoio financeiro.

Por todo o anterior, o impacto social esperado é significativo xa que abarca ámbitos tan relevantes como xeración e normalización do emprego, o fomento da participación social autónoma e un cambio social que elimine prexuizos cara as persoas con discapacidade. Ademais, contribúe ao desenvolvemento local, xerando servizos que atraen visitantes aos concellos da das comarcas de Pontevedra e o Morrazo e mellorando a oferta turística da comarca.

Apoiar o Proxecto do Botánico do Lago de Castiñeiras significa investir nunha iniciativa cunha forte compoñente social, un modelo de desenvolvemento sostible e unha visión innovadora, con resultados tanxibles na creación de emprego de calidade y e na mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, principalmente intelectual.

Contamos cun perfil de instagram https://www.instagram.com/obotanicodolago/?igsh=MWh5Y2ljb3A2cXY5eA%3D%3D# no que podedes ver máis de cerca o día a día do proxecto.

Quedamos a vosa disposición para calquera outra información que consideredes, e agradecemos resposta sobre da posibilidade de asistir o evento dando cobertura e difusión do mesmo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios