Será o sábado 25 de outubro, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8 – Lugo).
A Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza a decimo oitava edición desta xornada, que se desenvolverá o sábado 25 de outubro no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo (Rúa San Marcos, 8).
A Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo segue mantendo co seu apoio a celebración da Xornada, xunto ao apoio de CEDRO e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

Toda a información está recollida aquí: https://www.aelg.gal/actividades/xornadas-de-literatura-oral-0/2025/10/25/xviii-xornada-de-literatura-de-tradicion-oral-onde-van-os-marcos-as-narrativas-no-ano-da-oralidade-das-mulleres
Programa
10.15 Recepción, entrega de material e inauguración
10.30-11.10 Conferencia: “Da polavila á escena: recollida, creación e difusión”
– Adrián Méndez. Mestre de baile e música tradicional, productor e integrante de De Ninghures.
11.10-11.50 Conferencia: “A regueifa no ensino: a oralidade como catalizador na mocidade”
– Almudena Falcón. Docente de Lingua e Literatura galega no IES Basanta Silva de Vilalba.
Promotora do Campus de Regueifa da Terra Chá.
11.50-12.30 Conferencia: “O valor da palabra, sempre e mais despois”
– Tereixa Novo. Mestra, música fundadora e integrante de Fuxan os Ventos
12.30-14.00 Mesa redonda: «A oralidade das cantareiras: Fonte de inspiración e recursos na escena cultural e musical»
Participan: Almudena Falcón, Tereixa Novo e Adrián Méndez.
Coordina: Branca Villares
16.00-16.40 Conferencia: “ A radio escolar como ferramenta para traballar o Patrimonio Inmaterial”
– Lois Toirán. Mestre de primaria, docente de radio e representante do proxecto Ponte nas ondas.
16.40-17.20 Conferencia: “As voces das mulleres rurais e a contrucción dun arquivo oral. Terra e memoria”
– Ana Cabana. Doutora en Historia pola USC, profesora titular do Departamento de Historia no Campus de Lugo da USC.
17.20-18.00 Conferencia: “Colleita e recolleita: a patrimonialización da memoria intrafamiliar”
– Branca Villares. Mestra de canto tradicional e divulgadora do folclore galego.
18.00-19.30 Mesa redonda: «A oralidade das cantareiras: salvagarda da memoria do pobo. O valor dos arquivos e a súa difusión»
Participan: Lois Toirán, Ana Cabana e Branca Villares
Coordina: Eva Teixeiro
19.30-20.30 Sesión práctica: “Cantareiras: o poder da poesía do pobo”
Jara Ortiz, cantareira, compositora, arranxista e divulgadora musical.