«Manifesto 25N»: A Plataforma Feminista de Lugo fai un chamamento á mobilización contra a violencia

Novamente chegamos a esta data do 25N con múltiples frontes abertos, cun bagaxe de asesinadas que non deixa de medrar, cos xulgados desbordados coas denuncias por violencia de xénero, e con milleiros e milleiros de mulleres que están a sofrir a doble violencia institucional, que as afasta e as abandona, cando máis precisan da súa axuda.

Resúltanos moi duro e complicado elexir unha temática ante o mar de violencias que nos asolan, máis iste ano, imos denunciar A VIOLENCIA INSTITUCIONAL, que provocan os organismos e servizos públicos, que seguindo a política de recortes e de privatización do Goberno do PP  da Xunta, avocan a un servizo pésimo para as usuarias, e unhas nefastas condicións laborais para as traballadoras. en particular no SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF), que cada día teñen que enfrontar todo tipo de situacións violentas e vexatorias,  no silencio das portas pechadas dos fogares aos que acuden, e moitas veces, demasiadas, correndo graves riscos, que poden acabar coas súas vidas, como lle aconteceu hai uns meses, a Teresa, de O Porriño.

Baixo o lema:    NIN FRONTEIRAS NIN PORTAS PECHADAS, VIVAS, LIBRES E ORGANIZADAS,  convocamos a toda a cidadanía á MANIFESTACIÓN, que terá a súa saída dende a explanada do Edificio da XUNTA,  ÁS 20.00 HORAS DO MARTES 25N. que transcorrerá dende a RONDA DA MURALLA, ate  á PRAZA DE SANTA MARÍA, onde teremos todo  preparado para a lectura do Manifesto.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios