Durante o programa o ‘Carteiro da Galega’ visitará, entre outros lugares, o mercado de Abastos e o Espazo Fortaleza mentres que a influencer dará a coñecer o máis mediático do concello, que é a Agrupación Musicalk Goián.
O programa máis viaxeiro da Televisión de Galicia, ‘Sen Código Postal’, continúa a súa ruta polos concellos galegos. Nesta ocasión, o vindeiro domingo, o carteiro máis coñecido da TVG e a ‘influencer’ Anita Mateu chegan ata o concello de Tomiño, nunha entrega chea de humor, descubrimentos e encontros coa súa xente.
Víctor a Anita van a Tomiño na procura dos segredos máis agochados da vila. Víctor, xunto a Agustín González, visita en primeiro lugar o mercado de abastos, un espazo remodelado que conta cunha arquitectura peculiar que permite máis usos que propia venda de produtos.
Vistamos o espazo Fortaleza, un enclave en plena natureza, deseñado polo arquitecto Pablo Gallego Picard, e que foi distinguido con importantes premios de arquitectura, urbanismo e paisaxe. Faremos un paseo polas casas indianas, concentradas maioritariamente entre o último terzo do século XIX e o primeiro do XX e financiadas por emigrantes que regresaban de América.
Farán tamén unha visita ó auditorio onde a compañía Migallas Teatro encárgase de formar os novos talentos artísticos na vila Pola súa banda, Anita buscará o máis mediático que, nesta ocasión, é a Agrupación musical Goián fundada en 1994.
‘Sen Código Postal 2.0’: unha nova viaxe con corazón galego
‘Sen Código Postal’ é unha produción da Televisión de Galicia que cada semana percorre un novo concello co obxectivo de poñer en valor o territorio, a cultura e a vida cotiá das galegas e galegos. Esta versión 2.0 do formato mantén o espírito do programa orixinal, pero dá un paso máis aló: máis interacción, máis emoción e máis Galicia. Un espazo que mestura entretemento, turismo e sentimento, amosando a riqueza cultural, patrimonial e humana das nosas vilas, sempre coa complicidade e o humor de Víctor Fábregas e a súa nova compañeira, a ‘influencer’ Anita Mateu.