O BNG de Vimianzo denuncia vertedura de augas fecais no río de Vilar

O BNG de Vimianzo vénde denunciar a vertedura de augas fecais  da rede municipal  que na actualidade se está producindo no Rio de Vilar, concretamente na estación  bombeo da  “Braña da Grixa”. Ademais das augas residuais, a zona  encheuse tamén de restos de papeis e outros residuos da rede. 

O vertido foi comunicado ao 112 e dous axentes do Sepronaachegáronse ao lugar  a fin de elaborar  o informe, que xa foitrasladado a  Augas de Galicia.  Segundo informan, esta vertedura xa é a cuarta que se ten denunciado nos dousúltimos anos. 

A formación nacionalista insistiu que “é intolerable o abandono e os contantes atentados que está sofrindo o río”, e lembran que “estes constantes vertidos, sumados á falta de limpeza durante o verán, está tendo como cosecuencia que na actualidade a biodiversidade do río se atope nunha situación crítica”. 

O BNG xa denunciara está situación durante o pleno de setembro , e espera que o goberno local tome medidas aorespecto.

Comparte éste artículo
No hay comentarios