O PP esixe a substitución inmediata dos colectores de lixo deteriorados en zonas clave como o Casco Histórico de Lugo

En determinadas zonas da cidade, como o Casco Histórico ou Lamas de Prado, mantéñense en uso colectores de lixo en moi mal estado que precisan ser substituídos de forma urxente. Estes contedores, vellos e deteriorados, presentan partes rotas, desprenden malos cheiros e, nalgúns casos, nin sequera pechan correctamente.

É imprescindible que o Concello continúe coa renovación dos colectores antigos ou estragados ata completar o proceso en toda a cidade, garantindo que todas as zonas dispoñan de equipamentos en bo estado. O mantemento deficiente supón un prexuízo para a imaxe da cidade e para a salubridade pública.

Por este motivo, o Grupo Municipal Popular rexistrará un rogo en comisión para que se proceda á substitución destes colectores, promovendo un coidado real do espazo público e garantindo un servizo público eficiente e digno para a veciñanza.

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios